E istes foron os resultados!
Benvid@s ao meu blog, onde vos ensinarei todo o que sucede na biblioteca do Ceip Plurilingüe Antonio Fernández López de Oural
Etiquetas
- Día do libro
- Familias na biblioteca
- Nadal
- Entroido
- Mochilas viaxeiras
- Día da Paz
- Radio Antolín
- Biblioaxudantes
- Samaín
- Día da Muller
- Proxectos
- Contacontos
- Letras Galegas
- 25 de Novembro
- #DígochoEu
- Día de Rosalía
- mes da Ciencia
- Día da arte
- Día da biblioteca
- Plan Director
- Día da Poesía
- Día das escritoras
- Maletas viaxeiras
- Recomendacións
- Día do deporte
mércores, 29 de xaneiro de 2025
DÍA DA ILUSTRACIÓN
E istes foron os resultados!
DÍA DA LIBERDADE
Neste mes da Paz e Non violencia conmemoramos tamén, o 23 de xaneiro. o Día da Liberdade. O noso Principiño levounos a entender, a través das seisións da Filosofía para Nenos/as, o sentido da LIBERDADE. Nestas sesións de Filosofía traballamos as HABILIDADES DE PENSAMENTO a través do DIÁLOGO, desenvolvendo o PENSAMENTO CRÍTICO, a CREATIVIDADE e o COIDADO.
O PRINCIPIÑO NA GALAXIA DE ANTOLÍN
Ao longo destas semanas estamos a levar a cabo moitas actividades encamiñadas á conmemoración do Día da Paz e Non Violencia (30 de xaneiro). Acompáñanos no traxecto o noso inseparable Antolín, que a través do seu viaxe polo Universo coñeceu e trouxo ao noso cole ao Principiño, que será o fío conductor das nosas creacións e vivenzas. Para coñecelo mellor, trouxo varios libros para a biblioteca no que O principiño é o protagonista.
A 1ª actividade foi crear un mural cheo de rosas e pombas da paz.
