sábado, 27 de abril de 2024

AS FAMILIAS CONTAN # Semanadolibro

 Esta sema tivemos a visita de varias familias, que se achegaron ata a biblioteca para contarlles un conto ao alumnado de Infantil.

Moitas grazas por compartir este ratiño con nós!



 

venres, 26 de abril de 2024

PREPARAMOS A MERENDA NA CLASE DE INFANTIL

Antolín propuxo que lle axudaran a crear o seu libro de recetas e o alumnado de Infantil non quedou atrás. 

O alumnado de 4º e 5º preparou a receita para preparar un pincho de froitas.

Despois púxose mans a obra para preparar todo.

Na clase de 6º, como están traballando os alimentos na clase de inglés, estiveron facendo PANCAKES. 


E despois de todo o traballo, chegou a hora de merendar!




martes, 23 de abril de 2024

PROXECTO AS ABELLAS

 O alumnado de 6º de Infantil estivo traballando as abellas nas últimas semanas e o día do libro tiveron unha presentación na Feira do libro de Oural. Trala visualización do vídeo, contestaron as preguntas dos seus compañeiros.



Aquí vos deixamos o resultado do seu traballo!

luns, 22 de abril de 2024

CAL É O TEU LIBRO FAVORITO DA BIBLIOTECA DE ANTOLÍN?

  As reporteiras de Antolín estiveron entrevistando aos seus compañeiros e compañeiras. Preguntáronlles cales eran os seus libros favoritos 





PODCAST LIBRO FAVORITO



O alumnado de 6º tamén estivo traballando co Canva e fixeron unha presentación cos seus libros favoritos.



luns, 15 de abril de 2024

DÍA DA ARTE

O 15 de ABRIL é o día Mundial da Arte, e nas últimas semanas estivemos traballando en distintas obras: en infantil, crearon obras primaverais; en 1º e 2º, recrearon unha obra de Romero Britto; en 3º e 4º, crearon o seu propio cómic imitando a Roy Lichtenstein; en 5º fixáronse en Laurel Burch; e en 6º elexiron a Pilar Montaner. Todas elas xa están expostas nas paredes do cole!






sábado, 6 de abril de 2024

OBRADOIRO DE COSTURA COS MONSTRUOS DE CORES

 Os biblioaxudantes da biblioteca están colaborando na elaboración dos monstruos de colores en fieltro.

Colleron agulla e fío e puxéronse mans a obra.




Pero un día apareceu unha máquina de coses na biblio, polo que o traballo foi moito máis sinxelo.

 
















mércores, 3 de abril de 2024

QUEREDES COÑECER O TRABALLO DOS BIBLIOAXUDANTES?

  •  Son os encargados de usar a máquina de chapas
  • Axudan a escoller os libros temáticos


  • Convértense en contacontos para os máis pequenos
  • Axúdanos a buscar libros e xogos


  • Colaboran na organización da biblioteca
  • Son os encargados de repartir as mochilas viaxeiras

  • Colaboran tanto nas gravacións de Radio Antolín como nos vídeos co croma.






martes, 2 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL



Hoxe, 2 de abril, conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.


O 1º que fixo o alumnado de infantil na volta o cole despois das vacacións de semana santa foi ir a biblioteca para ensinarvos cales son os seus libros favoritos da biblioteca de Antolín.