xoves, 28 de setembro de 2023

EN INFANTIL FAN PASTEL DE PATACA

 

 Despois de recoller as patacas, o alumnado de Infantil decidiu coa axuda da súa profe buscar unha receta para facer un riquísimo pastel de pataca. No seguinte vídeo explícanos todo o proceso que realizaron!
E tamén compartiron a receta con todos nós.

mércores, 20 de setembro de 2023

OBRADOIRO ADEGA

 Hoxe visitounos ADEGA, a asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza que impartiu un obradoiro no que crearon comedeiros  con material de refugallo para atraer paxaros insectívoros que axuden a manter  as pragas controladas.

Moitas grazas a ANPA e a Deputación de Lugo por traernos esta actividade ao cole!