luns, 27 de febreiro de 2023

PROXECTO O ANTIGO EXIPTO


O alumnado de 5º e 6º de Infantil estivo coñecendo a vida no Antigo Exipto. Quixeron gravar este vídeo onde nos contan todo o que aprenderon!

 

E na seguinte foto, podedes ver todo o que traballaron!



luns, 13 de febreiro de 2023

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Hoxe celebramos o Día Mundial da Radio facendo un programa moi especial. Se queredes saber quen son as protagonistas deste programa, dádelle ao play!


mércores, 8 de febreiro de 2023

CHEGARON AS MANDAS DE ANTOLÍN

  Este ano a temática do noso entroido é a Volta o Mundo, e Antolín ten todo pensado para chegar ao festival preparados.

CONVERTÉMONOS EN COCIÑEIROS

O venres acompañounos a mamá de Martín, que respondeu a chamada da nosa mascota Antolín. Converteu ao nosos alumnos da clase de 3 anos en cociñeiros con mandil e goroo incluídos. Entre todos cortaron as froitas para preparar un riquísimo batido. Moitas grazas Sonia  por compartir este ratiño con nós.