luns, 23 de decembro de 2024

A PALABRA DO ANO

 Como cada ano a Real Academia Galega solicita axuda para elixir a palabra do ano, e como non podía ser doutro xeito Antolín quere colaborar pero..... non o ten moi claro. Nós axudámoslle:


Os resultados foron...

De todos os xeitos podedes vota ata o día 25 en: Portal das Palabras


mércores, 4 de decembro de 2024

Día da Discapacidade

Cada 3 de decembro conmemórase en todo o mundo o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. No cole decidimos facelo cun contacontos, enviado por Diversa Infantil, para os nenos e nenas de Infantil e o alumnado do primeiro ciclo de Primaria. 

Deste xeito, visitounos Manuel Darriba que tratou a diversidade funcional e a inclusión con seu álbume ilustrado "Pedro, o piloto de gaivotas". Pedro, un neno con discapacidade ao que lle encanta ver mundo, fíxose piloto de gaivotas. Por iso, todas as mañás, unha gaivota vén á súa casa para levalo de viaxe.

Moitas grazas Manuel!


Para o segundo ciclo de Educación Primaria recibimos en préstamo, de Diversa Infantil, o xogo colaborativo "Cidades accesibles". Con este, o alumnado traballou conceptos sobre a accesibilidade, discapacidade...

CALENDARIO DE ADVENTO

 

 Día 2: CONSTRUCIÓNS DE NADAL CON LEGOS

luns, 2 de decembro de 2024

CALENDARIO DE ADVENTO

 Día 1: POSTAIS DE NADAL






Calendario de Advento

 A cabeza de Antolín non para e, ao igual que os Nadais pasados, proponnos un calendario de advento para pasar os recreos do comedor na biblio. Con que actividades nos sorprenderá...

Arrincamos!

venres, 29 de novembro de 2024

ANTOLÍN E OS BIBLIOAXUDANTES SELECCIONAN LIBROS DE NADAL

 


MES DA CIENCIA NA GALAXIA DE ANTOLÍN

Para celebrar o Mes da ciencia nas bibliotecas Antolín quere que sexamos científicos. E este curso ten que ir ao espazo e para iso necesita.... acertástedes! un cohete espacial.



Cada grupo de alumnos/as recibiu unha carta coas instrucións para fabricar o cohete e Antolín probounos todos, a ver cal lle convence máis para viaxar.

Boa viaxe Antolín!







luns, 25 de novembro de 2024

A VIOLENCIA NON É UN XOGO

"O MUNDO DE CORES DE ROQUE E LÍA"

O Concello de Sarria, con motivo da conmemoración do 25 N, enviou ao cole o contacontos "O mundo de cores de Roque e Lía" de editorial Galaxia, levado a cabo pola súa autora, Paula Suárez. Os destinatarios foron o alumnado de Infantil e primeiro ciclo de Educación Primaria.
Que ben o pasaron os nenos e nenas, sobre todo cando chegou o momento de pintar as unllas!

Resumo: Roque e Lía, teñen un xogo secreto grazas ao cal, xunto cos seus amigos de clase, descubriron que hay moitas e diferentes formas de ser, estar, e por su posto, de pintar as unllas.


venres, 22 de novembro de 2024

RADIO ANTOLÍN CO DÍA DA MÚSICA

 Para conmemorar o día da Música, o alumnado de 5º de Primaria achegouse ata Radio Antolín para gravar un programa sobre a figura do compositor John Williams. 



Se queredes saber todo o que nos contaron, compartimos con todos vós  o resultado do programa:

xoves, 14 de novembro de 2024

HISTORIAS NA GALAXIA DE ANTOLÍN

 



Antolín púxonos un novo reto. Crear unha historia intergaláctica coas palabras que aparecían na constelación. Tedes no seguinte enlace o resultado!

CREAMOS O NOSO PLANETA

Recibimos outra carta de Antolín coa 3ª proba desta viaxe polo espacio...


Si, lestes ben, crear o noso propio planeta! Temos moitos: O planeta da Sinceridade, o planeta do Desorde, Chispitas, o planeta Saturdiano, Endilandia, do Confeti, da Paz, o planeta Multicolor, o planeta Animals Forever... 

                                         Antolín non sabe a cal viaxar!



luns, 11 de novembro de 2024

SAMAÍN

 Os nenos e nenas de Oural estaban tranquilamente nas súas aulas cando recibiron a seguinte nota.


Buscaron na pantalla o audio que lles decían na nota. Nel decíanlle que Antolín estaba perdido no espazo e que se o querían axudar tiñan que buscar resposta as seguintes preguntas.

Para elo poderían buscar axuda na biblioteca.



Unha vez que atoparon todas as respostas, lanzáronse á aventura. Pero antes, tiveron que comprobar no escáner se as respostas eran correctas.


Na Galaxia de Antolín, buscaron a unha meiga que os ía poñer a proba.

Tiveron que buscar estrelas pola galaxia, para poder formar a constelación que lles fora adxudicada. Pero para poder conseguilas tiveron que pasar por varias probas espaciais.


Ao finzalizar a aventura, reuníronse todos para vivir o reencontro co astronauta Antolín.















xoves, 24 de outubro de 2024

DÍA DA BIBLIOTECA

O día no que as mochilas viaxeiras comezan a súa aventura non podía ser outro. Que comece a aventura!


 

mércores, 16 de outubro de 2024

RECREOS NA BIBLIO

Xogamos o dominó

Construímos legos do espacio



Facemos o casco de astronauta de Antolín



 

venres, 11 de outubro de 2024

CREAMOS AS NOSAS GALAXIAS

Recibimos outra carta coa 2ª proba desta viaxe polo espacio.

Velaquí o resultado de todo o noso traballo.




Tamén as podedes ver nos seguintes PDF.






 

mércores, 15 de maio de 2024

THE VERY HUNGRY CARTERPILLAR

Aproveitando que na clase de Infantil están traballando o conto da Eiruga larpeira, na clase de inglés coa axuda de Eli, o noso auxiliar de conversa estivemos traballando The very hungry carterpillar.
Repasamos os días da semana e vocabulario relacionado coa comida.



 

mércores, 8 de maio de 2024

PODCAST LETRAS GALEGAS 2024 LUISA VILLALTA

 



Este curso animámonos a presentarnos ao concursod e Podcasts Radio na Biblio. A clase de 5º de Primaria gravou un pequeno programa sobre Luisa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas.