sábado, 27 de abril de 2024

AS FAMILIAS CONTAN # Semanadolibro

 Esta sema tivemos a visita de varias familias, que se achegaron ata a biblioteca para contarlles un conto ao alumnado de Infantil.

Moitas grazas por compartir este ratiño con nós!



 

OBRADOIRO DE RECEITAS CON ANTOLÍN

E unha vez que lle axudamos a Antolín a crear o seu libro de receitas.....pois tocou poñerse mans á obra!
Fixemos tarta de queixo e tortiñas sen glute!





venres, 26 de abril de 2024

PREPARAMOS A MERENDA NA CLASE DE INFANTIL

Antolín propuxo que lle axudaran a crear o seu libro de recetas e o alumnado de Infantil non quedou atrás. 

O alumnado de 4º e 5º preparou a receita para preparar un pincho de froitas.

Despois púxose mans a obra para preparar todo.

Na clase de 6º, como están traballando os alimentos na clase de inglés, estiveron facendo PANCAKES. 


E despois de todo o traballo, chegou a hora de merendar!



xoves, 25 de abril de 2024

OBRADOIDO DE MARCAPÁXINAS CON MÁQUINA DE COSER

Aceptamos o reto de Antolín de facer marcapáxinas coa axuda da máquina de coser. Recortamos o feltro e coa axuda das profes puxémonos diante da máquina para aprender como facelos. Despois rematamos de decoralos!

 Ata na clase de Infantil se animaron a facer os seus marcapáxinas!


mércores, 24 de abril de 2024

martes, 23 de abril de 2024

PROXECTO AS ABELLAS

 O alumnado de 6º de Infantil estivo traballando as abellas nas últimas semanas e o día do libro tiveron unha presentación na Feira do libro de Oural. Trala visualización do vídeo, contestaron as preguntas dos seus compañeiros.



Aquí vos deixamos o resultado do seu traballo!

luns, 22 de abril de 2024

CAL É O TEU LIBRO FAVORITO DA BIBLIOTECA DE ANTOLÍN?

  As reporteiras de Antolín estiveron entrevistando aos seus compañeiros e compañeiras. Preguntáronlles cales eran os seus libros favoritos 





O alumnado de 6º tamén estivo traballando co Canva e fixeron unha presentación cos seus libros favoritos.



luns, 15 de abril de 2024

DÍA DA ARTE

O 15 de ABRIL é o día Mundial da Arte, e nas últimas semanas estivemos traballando en distintas obras: en infantil, crearon obras primaverais; en 1º e 2º, recrearon unha obra de Romero Britto; en 3º e 4º, crearon o seu propio cómic imitando a Roy Lichtenstein; en 5º fixáronse en Laurel Burch; e en 6º elexiron a Pilar Montaner. Todas elas xa están expostas nas paredes do cole!





sábado, 6 de abril de 2024

OBRADOIRO DAS EMOCIÓNS

 Os biblioaxudantes da biblioteca están colaborando na elaboración dos monstruos de colores en fieltro.

Colleron agulla e fío e puxéronse mans a obra.






martes, 2 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL



Hoxe, 2 de abril, conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.


O 1º que fixo o alumnado de infantil na volta o cole despois das vacacións de semana santa foi ir a biblioteca para ensinarvos cales son os seus libros favoritos da biblioteca de Antolín.


E tamén nos contaron de que trataban algúns deses libros.




sábado, 9 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA E DA MULLER



Esta semana convertémonos en periodistas, e entrevistamos a mulleres moi vinculadas a vida diaria do cole. O primeiro paso foi concertar a entrevista. Despois transcríbirona ao xornal de Antolínm co seu correspondente titular, foto e desenvolvemento da noticia.


En 4º e 5º de Educación Infantil desprazáronse ata a cociña para falar coas nosas cociñeiras. Xa na clase escribiron todo o que lles contaron.



O alumnado de 6º de E.Infantil realizou unha entrevista moi especial que gravou para Radio Antolín. Queredes saber a quen? Dádelle ao play.




O alumnado de 1º e 2º de Primaria entrevistaron a "Unha muller moi preparada", a nai de María.


En 3º, conversaron con Divina, a carteira do cole. Unha muller que leva 34 anos exercendo a súa profesión.


En 4º, decidiron entrevistar a nosa cuidadora.


Mentres, en 5º, centraron a súa atención en Mariana, a profe de ioga e zumba .

 O alumnado de 6º de E Primaria entrevistou a persoa encargada de axudarnos a manter o cole limpo. Que lles contaría?
 
 

luns, 4 de marzo de 2024

ROSALÍA DE CASTRO

 Tralo obradoiro con Estefanía Padullés, o alumnado estivo facendo un pequeno cómic de Rosalía.




O alumnado de 6º de Primaria tamén elaborou un lapbook sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.





xoves, 29 de febreiro de 2024

MARILUZ AVESTRUZ

 Na clase de 6º Educación Infantil estiveron traballando o conto de Mariluz avestruz. Aquí vos deixamos un resumo do seu traballo.







mércores, 21 de febreiro de 2024

BROWN BEAR BROWN BEAR WHAT DO YOU SEE?

 O alumnado de 6º de Infantil estivo traballando en clase de inglés o libro Brown Bear Brown Bear What do you see?. No seguinte vídeo podedes ver o resultado do seu traballo!

mércores, 31 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ

 Este ano entre todo o profesorado e alumnado transformamos a tristeza da guerra presente no Guernica de Picasso, na felicidade e na alegría da paz, convertendo o cadro nunha fonte de cores vivas e alegres.


venres, 15 de decembro de 2023

VOTACIÓN FINAL PALABRA DO ANO

 

A Real Academia Galega publicou as palabras finalistas á palabra do ano. 


É o voso turno, entre todos e todas elexiremos a palabra que votaremos desde o cole!


E O RESULTADO FINAL FOI....


O polo Pepe

O alumnado de 6º de Educación Infantil estivo traballando os últimos meses co conto "O polo Pepe". Remataron este proxecto facendo o seu propio conto e ata lles deu tempo de facer un vídeo con todo o seu traballo.

luns, 4 de decembro de 2023

Trepar pola diversidade para alcanzar a igualdade

 Esta semana os biblioaxudantes estiveron exercendo de contancontos nas clases de Infantil e 1º e 2º. Entre os contos elixidos estaban Non fai falta a voz, Vivan las manos de colores






venres, 1 de decembro de 2023

CALENDARIO DE ADVENTO DE NADAL



Xa está o calendario listo. Con que actividades nos sorprenderá Antolín e o seu equipo este ano?



 DÍA 1: ADORNOS DE NADAL CON MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA

    Hoxe fomos ata o ximnasio para facer adornos de Nadal con material de Educación Fïsica Velaquí o resultado.








 DÍA 4:  DESEXOS DE NADAL


 DÍA 5:  POMPÓNS



 DÍA 11



 DÍA 12: POSTAIS DE NADAL






DÍA 13: ESTRELAS DO NADAL


DÍA 14: ALFAREIROS DE NADAL