sábado, 22 de novembro de 2025

xoves, 20 de novembro de 2025

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 O alumnado de 1º e 2º de Primaria estiveron en Radio Antolín para conmemorar o Día Universal da Infancia, onde nos recordan os seus dereitos e nos cantan unha canción.

  

luns, 17 de novembro de 2025

ACTIVIDADES CLUB DE CIENCIA DE NOVEMBRO

EXPERIMENTO 1: FLOTA OU AFONDA?

Materiais

  • Recipiente transparente para observar que pasa cos obxectos. 

  • Elementos naturais: pedras, paos, follas e flores, castañas (podemos ir a recollelas no recreo da mañá).

  • Elementos artificiais: tapón de cortiza, culler de metal, culler de plástico, peza de lego, barco/bola de papel, bola de plastilina, anaco de cartón, chave, moeda. 

  • Tabla con pictogramas (infantil) e oco para escribir (primaria) e para marcar se afonda ou non.


Preguntámonos:
    •  “Afondarán todos os obxectos?”

    •  “Por que uns flotan e outros non?







EXPERIMENTO 2: ACTIVIDADES NA ESCURIDADE

Materiais
  • Luz negra

  • Pintura Fluorescente

Preguntámonos
  • Que pasa cando aplicamos pintura fluorescente baixo luz negra?

  • Como se comportan os diferentes tipos de pintura ao iluminalos con luz ultravioleta?

  • A fluorescencia depende do tipo de superficie onde pintemos?

  • Que elementos ou materiais (por exemplo, papel, tecido, plástico) brillan máis coa luz negra?

  • Como cambia a intensidade do brillo se aumentamos a distancia da luz negra ou cambiamos a súa intensidade?



EXPERIMENTO 3: AS PONTES DA NOSA VILA

Materiais

  • Palillos de madeira (ou de dentes)

  • Boliñas de plastilina

  • Libros ou caixas (para facer de base da ponte)

  • Pequenos obxectos para probar o peso (gomas, moedas, clips…)


Preguntámonos:

  • Como podemos construír unha ponte que non se caia?

  • Que forma será máis resistente?

  • Cantos obxectos aguantará antes de romperse?












DESEÑO DE VENTÁS TERRORÍFICAS

 En colaboración con Departamento de Inglés fixemos un pequeno obradoiro de ventás terroríficas para a nosa casa encantada. Velaquí o resultado!



xoves, 13 de novembro de 2025

COCIÑANDO VALORES DE IGUALDADE

 O pasado xoves tivemos no Gran Teatro de Antolín a actuación de Javier Carrión co seu espectáculo COCIÑANDO VALORES DE IGUALDADE. Esta actividade estivo organizada polo CIM de Sarria en colaboración coa concellería de igualdade.

Neste espéctaculo, a través da maxia, traballamos valores como a iguadade, o respeto ou a inclusión.




mércores, 12 de novembro de 2025

OS VOLCÁNS

 

Os científicos e científicas de 3º e 4º entran os estudios de Radio Antolín para contarche todo o que aprenderon sobre os volcáns.

Decubre con eles como nacen, que secretos agochasn as súas entrañas e como fan ¡ERUPCIÓN!

Chega a 2º parte do experimento, neste podcast, cóntannos o proceso que seguiron para crear o seug volcán e todo o equipo que participou.