Benvid@s ao meu blog, onde vos ensinarei todo o que sucede na biblioteca do Ceip Plurilingüe Antonio Fernández López de Oural
luns, 28 de novembro de 2022
venres, 25 de novembro de 2022
25N- Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Desde o noso cole berramos ben alto NON á violencia. Representamos coa linguaxe de signos a canción Loba de Rozalén. Aquí tedes o resultado.
xoves, 24 de novembro de 2022
As bolsas viaxeiras comezan a súa aventura
As bolsas viaxeiras comezan a aventura nas clases de infantil. Acompañarán cada semana aos libros que elixan todos os nenos e nenas de Infantil!
Que comece a aventura!
luns, 21 de novembro de 2022
MES DA CIENCIA
Este mes celebramos O MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA, polo que Antolín preparaoulle a todo o alumnado varios experimentos científicos
Coma sempre, recibiron nas súas clases a seguinte carta:
Aquí vos mostramos o proceso e o resultados dos seus experimentos.
4º EI: Como inflar un globo... sen soprar!
5º e 6º EI: Orugas en Movemento
5º EP: Papel Reciclado
6º EP: Un helicóptero que imita a natureza
Se vos animades a facer algún dos experimentos, deixámosvos as instrucións para que os poidades volver a facer nas vosas casas.
CONTACONTOS ESPECIAL NA BIBLIOTECA
Hoxe a clase de 4º EI recibiu unha visita moi especial: a familia de Adrián. Viñeron a contarlles o conto de "Cocorico".
Foi un placer recibilos na biblioteca. Moitas grazas pola vosa visita!
venres, 18 de novembro de 2022
20 NOVEMBRO- DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS
Nas clases estiveron falando dos dereitos dos nenos e nenas. Despois estamparon as súas mans nunha cartolina e levantaron as mans polos seus dereitos!
Tamén aproveitamos para recordar o vídeo que gravamos o ano pasado!









